Unha trintena de centros de ensino participan na primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da APLU, en colaboración coa Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
É un proxecto lúdico-educativo para achegar aos máis cativos o coñecemento sobre o territorio de Galicia e fomentar a cultura do uso responsable e sustentable do mesmo
En función das idades dos escolares, prográmanse actividades de teatro, formativas e expositivas para sensibilizar, concienciar, divulgar e formalos en relación ao medio e a intervención e ordenación do territorio
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de poñer en marcha a primeira edición do proxecto formativo Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu; no que participan unha trintena de centros escolares, de distintas etapas educativas, de toda Galicia.
É unha iniciativa coa que Consellería, a través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e en colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), quere sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ás nenas e nenos da Comunidade en relación co medio e a intervención e ordenación do territorio.
Trátase dun proxecto lúdico-educativo co que achegar aos máis cativos o coñecemento sobre o territorio de Galicia, comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que a compoñen é fundamental para que as sociedades actuais e futuras tomen conciencia da necesidade de facer un uso responsable do territorio.
A actividade para Educación Infantil consistirá nunha aprendizaxe a través do xogo e do teatro, polo que se levará a cabo unha representación teatral sobre o amor á natureza, a intervención no territorio e o modelo urbanístico ideal. A obra posta en escena a Compañía teatral Trinke Trinke está protagonizada por uns ratiños que viven en Lonxedetodo, un lugar idílico, que preocupados por unha intervención inadecuada na súa contorna, contactarán cos inspectores urbanísticos da APLU para que lles axuden.
Para os rapaces de Primaria, traballarase con eles nas aulas, fomentando a aprendizaxe a través do xogo. Dun xeito expositivo trasladarase o traballo que fai a Xunta a través da APLU no territorio e abordase o grado de coñecemento da súa contorna próxima e algunhas actuacións no mesmo.
Por último, cos rapaces de secundaria tamén se apostará por unha aprendizaxe lúdico-educativa, para abordar o coñecemento da súa contorna máis próxima, a evolución histórica do mesmo e dos axentes e dos factores que regulan o uso do solo. Tamén se abrirá unha quenda de debate en relación coas imaxes de actuacións propostas para concluír cunha reflexión sobre o que cada un pode facer par coidar o territorio.
Asemade, estas actuacións completaranse coa visita dun número de centros ás instalacións da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a Santiago, para coñecer o día a día deste organismo a prol da recuperación do territorio.
Na seguinte táboa indícanse os centros participantes nesta primeira edición da iniciativa Eu son inspect@r urbanístic@. Coida o territorio. Coida o teu.
CENTRO EDUCATIVO | LOCALIDADE | PROVINCIA | |
1 | CEIP MANUEL SUEIRO | OURENSE | OURENSE |
2 | IES A PINGÜELA | MONFORTE DE LEMOS | LUGO |
3 | CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO | VIGO | PONTEVEDRA |
4 | CEIP ROSALÍA DE CASTRO | LUGO | LUGO |
5 | CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO | MONTERROSO | LUGO |
6 | CEIP PLURILINGÜE DE ANDRADE | ANDRADE-PONTEDEUME | A CORUÑA |
7 | CEIP SAN XOÁN | BECERREÁ | LUGO |
8 | EEI SAN ROQUE | VIVEIRO | LUGO |
9 | CALASÁNZ PP ESCOLAPIOS | A CORUÑA | A CORUÑA |
10 | CEIP DA CRUZ | CAMOS-NIGRÁN | PONTEVEDRA |
11 | CEIP DE LAREDO | REDONDELA | PONTEVEDRA |
12 | EEI VERDUCIDO | VERDUCIDO | PONTEVEDRA |
13 | IES PLURILIGÜE DE AMES | AMES | A CORUÑA |
14 | CPR PRLURILINGÜE SAN FERMÍN | CALDAS DE REIS | PONTEVEDRA |
15 | CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ | CAMBRE | A CORUÑA |
16 | CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVE | XEVE | PONTEVEDRA |
17 | CEIP VILAR DE BARRIO | VILAR DE BARRIO | OURENSE |
18 | IES ESCOLAS PROVAL | NIGRÁN | PONTEVEDRA |
19 | CEP SANTA MARIÑA | REDONDELA | PONTEVEDRA |
20 | IES PONTE CALDELAS | PONTE CALDELAS | PONTEVEDRA |
21 | CEIP EUGENIO LÓPEZ | CEE | A CORUÑA |
22 | CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA | AGUIÑO-RIBEIRA | A CORUÑA |
23 | IES XELMIREZ II | SANTIAGO DE COMPOSTELA | A CORUÑA |
24 | IES AS ÍNSUAS | MUROS | A CORUÑA |
25 | IES PASTORIZA | ARTEIXO | A CORUÑA |
26 | IES AGRA DO ORZÁN | A CORUÑA | A CORUÑA |
27 | IES AQUIS CELENIS | CALDAS DE REIS | PONTEVEDRA |
28 | CEIP SANTA MARIÑA | VIGO | PONTEVEDRA |
29 | EEI ROMAI | PORTAS | PONTEVEDRA |
30 | CEIP LÓPEZ FERREIRO | SANTIAGO DE COMPOSTELA | A CORUÑA |