Extinguido o incendio forestal no concello lugués do Incio, parroquia de San Salvador do Mao

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 29,8 hectáreas 

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello lugués do Incio, parroquia de San Salvador do Mao.

O incendio comezou onte ás 18,07 h. da tarde e quedou finalmente extinguido ás 12,13 h. desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 29,8 hectáreas, das cales 23,8 foron de monte raso e 6 de arborado. Na súa extinción participaron 3 axentes, 8 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural