18/02/22 | 12:25 | C. do Medio Rural A Xunta constata un impacto da suba dos custos de produción dos gandeiros de leite de 4 céntimos por litro no 2021 respecto do ano anterior
O informe, elaborado en colaboración coa Fundación Juana de Vega, precisa que os ingresos das explotacións medraron un 2,71% en 2021 respecto de 2020, mentres que os custos se incrementaron en preto do 12%, provocando o conseguinte deterioro das súas contas de resultados
Tendo en conta estas cifras, José González reiterou a demanda de Galicia ao Estado para que actúe propiciando un gran acordo entre a distribución, a industria e os produtores a prol dunha prima de emerxencia que garanta a viabilidade do sector
A Xunta e as organizacións agrarias asinarán un documento coas demandas de Galicia en prol da viabilidade do lácteo, que será remitido ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación