Nava Castro salienta en Fitur a potencialidade turística da Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas en Bouzas

Madrid, 24 de xaneiro de 2020

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Fitur na presentación da Ruta Marítima do Cabaleiro das Cunchas, unha peregrinación marítima que parte de Viana do Castelo, no norte de Portugal, pasando polas rías de Vigo –en concreto pola zona de Bouzas– e que, como todas as peregrinacións xacobeas, ten o seu destino final na Catedral de Santiago de Compostela.

A directora de Turismo de Galicia felicitou aos impulsores desta iniciativa por poñer en valor este itinerario e os lugares polos que atravesa, como é o caso de Bouzas. Salientou tamén a importancia da peregrinación xacobea para continuar mantendo o legado histórico de Galicia. O apoio a este festexo inclúese na aposta da Xunta por impulsar celebracións galegas, como xa fixo no caso de Vigo coa Festa da Reconquista durante o camiño á súa actual declaración como Festa de Interese Turístico Nacional.
 

Imaxes relacionadas