25/09/22 | 13:37 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta destaca a gastronomía como reclamo turístico de Galicia, ao primar os produtos de proximidade e a cociña autóctona
Vázquez Mourelle subliña que a gastronomía, xunto coa natureza, é un dos principais motivo escollido para visitar Galicia, un destino cunha cociña de calidade e sostible
Salienta que Galicia conta con 16 Estrelas Michelin, 37 restaurantes con Soles Repsol ou 25 incluídos na categoría Bib Gourmand, acreditacións da calidade culinaria
Preto de 40 empresas do sector primario participan no Galicia Fórum Gastronómico baixo o paraugas das consellerías do Medio Rural e do Mar
A Xunta dispón dunha área específica para actividades gastronómicas, cun túnel do viño con máis de 70 referencias e cun expositor con produtos do mar no que se organizarán distintas actividades de degustación