A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e á superación persoal de 20 estudantes

Valoran a capacidade de superación do alumnado de 4º de ESO fronte ás dificultades de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

 

A contía de cada premio increméntase un 25% nesta convocatoria
 

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022  Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22, tal e como poden consultarse no Diario Oficial de Galicia.

 

Estes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 20.000 euros para estes premios a razón de 1000 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden, un 25% máis ca o ano pasado.

 

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.

 
Relación de centros con estudantes galardoados:
Provincia
Concello
Centro educativo
A Coruña
Ames

IES Plurilingüe de Ames

A Coruña
Arteixo
IES Manuel Murguía
A Coruña
Carballo
IES Monte Neme
A Coruña
Culleredo
IES Rego de Trabe
A Coruña
Ferrol
IES Ferrol Vello
Lugo
Burela
IES Perdouro (dous premiados)
Lugo
Guntín

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Lugo
Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
Ourense
O Carballiño
IES Nº 1
Ourense
Ourense
CPI Plurilingüe José García García
Pontevedra
Cerdedo-Cotobade
IES de Cotobade
Pontevedra
Mos
CPR Plurilingüe Lar
Pontevedra
Mos
IES de Mos
Pontevedra
Sanxenxo
IES de Sanxenxo
Pontevedra
Tomiño
IES Antón Alonso Ríos (dous premiados)
Pontevedra
Vigo
IES Valadares (dous premiados)
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe Escuelas Nieto