09/02/22 | 14:38 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta completa a rehabilitación integral do CPI Pontecesures coa reparación e revestimento de paredes e teitos
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Vidal, supervisou esta actuación, xa rematada e na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu case 30.000€
A obra consistiu na corrección de deficiencias pola presenza de cuarteados, burbullas ou fendas a través dunha remodelación e tratamento con pintura antimofo previa reparación da base nunha superficie de máis de 3.200 m²
“O colexio de Pontecesures vén de quedar en perfectas condicións, xa que, tras a forte modernización de hai dous anos na que investimos 770.000€, quedaba pendente esta derradeira mellora no seu interior”, comentou o representante galego