14/02/22 | 12:47 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta e Feuga impulsan a FP Dual a través de bolsas de formación para o alumnado
O conselleiro de Educación e o director xeral de FEUGA asinan o convenio co que se renova a colaboración para facilitar o réxime de axudas entre empresas e estudantes
Desde o ano 2014 xestionáronse preto de 3.200 bolsas ao abeiro deste acordo, que terá unha duración de catro anos
Esta liña enmárcase na aposta da Xunta polo impulso dos ciclos formativos, que se plasma na nova Estratexia de FP 2030, dotada con 900M€ para os próximos catro anos