O vicepresidente da Xunta reúnese co alcalde de Agolada para analizar vías de colaboración

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Agolada, Luis Calvo Miguélez. Á reunión tamén acudiu a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias. Este encontro inscríbese na rolda de contactos que está mantendo o vicepresidente da Xunta cos concellos galegos para coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas e estudar posibles vías de colaboración entre a Administración autonómica e as entidades locais co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza.

 

Imaxes relacionadas