24/09/22 | 17:20 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta impulsa 14 actividades artísticas, da saúde, patrimoniais e ambientais na Vía da Prata e o Camiño de Inverno con ‘O teu Xacobeo’
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou esta mañá na proposta O Camiño Diverso, pertencente ao proxecto O Camiño dos Sentidos e dos Saberes, cun percorrido pola ruta xacobea entre o Pazo de Camba e Río
Esta iniciativa, organizada pola Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón e que conta coa colaboración da Xunta, pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre as dificultades das persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida
“A Xunta leva dous anos estendendo o Xacobeo a todos os concellos de Galicia para facelos partícipe deste gran fito e agora, cando só restan cen días, temos que tratar de aproveitalos a nivel social, cultural e económico”, indicou o representante autonómico