Activo un incendio forestal no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira.
O incendio comezou ás 14,15 h. deste sábado e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas. No seu control levan traballado 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.