A secretaria xeral da igualdade participa no Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia na xuntanza do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller na que se abordaron, entre outros asuntos, o XII informe anual do observatorio estatal de violencia sobre a muller e as campañas de sensibilización social contra a violencia de xénero que se levarán a cabo con motivo do 25 de novembro.

Imaxes relacionadas