15/02/22 | 11:41 A cooperación entre Xunta e ACCEM permite atender a 65 mulleres vítimas de trata durante a pandemia na Coruña, Vigo, Tui, Lugo e O Carballiño
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avaliou co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, as iniciativas que desenvolve o colectivo co apoio da administración autonómica
Entre estas actuacións, destaca o convenio de colaboración que se asinou o pasado ano con nove entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata, entre elas ACCEM, para loitar contra esta lacra social e reforzar a atención durante a covid-19