A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello do Porriño
A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Eva García de la Torre, os temas relacionados coa Administración galega
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, no marco das visitas institucionais que está a realizar tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na cidade.
No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para este Concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades desta localidade que dependen da Xunta de Galicia.