A Xunta inviste máis dun millón euros en diferentes actuacións paisaxísticas, medioambientais e de mellora de equipamentos nos concellos da comarca de Ferrol

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo financia este tipo de traballos con cargo ás ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas

Valdoviño (A Coruña), 27 de novembro de 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor comprobou a utilidade da orden de axudas do Fondo de Compensación Ambiental que lle permitiu a renovación de todas as luminarias, por focos led máis eficientes, na AC-566 cunha axuda da orde de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación, xunto con varias accións de limpeza e recuperación de espazos naturais do Concello, contaron cunha achega da Xunta de máis de 33.000 euros.

Durante a visita o delegado da Xunta na Coruña informou que a través das ordes do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartiuse máis dun millón de euros en 18 proxectos na comarca de Ferrol nos concellos de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Ferrol, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, Mañón, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño..

Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

O delegado da Xunta puntualizou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

FONDO COMPENSACIÓN AMBIENTAL

 

CONCELLO
OUTROS CONCELLOS
PROXECTO
IMPORTE CONCEDIDO
Ares
 

Mellora da eficiencia enerxética e da rede de saneamento da rúa Herma

30.306,67
Capela, A
 
Obras de reparación na edar das Neves
13.592,26
Cariño
 
Funcionamento dos servizos adicados ao medio ambiente e o espazo natural
54.369,04
Cedeira
 

Actuación de mellora de eficiencia enerxética e de protección do ambiente e do espazo natural

88.496,20
Ferrol
 
Vixilancia ambiental no concello de Ferrol
9.253,53
Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol

Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño

Servizo mancomunado de xestión de residuos voluminosos

30.000,00
Mañón
 
Actuacións de protección do ambiente e do espazo natural
91.049,65
Monfero
 

Proxecto de realización de investimentos e actuacións de protección medio ambientais no concello de Monfero 2020

32.891,50
Ortigueira
 

Actuacións adecuadas aos criterios do fondo de compensación ambiental. Anualidade 2020

164.273,37
Pontes, As
 

Vehículo eléctrico, substitución do sistema de bombeo para mellora de eficiencia enerxética e rendemento do sistema de abastecemento

244.726,01
San Sadurniño
 
Rede de abastecemento de auga no Camiño Arriba
34.127,16
Somozas, As
 
Actuacións fondo de compensación ambiental 2020
111.214,75
Valdoviño
 

Conservación, mantemento e restauración do ambiente e reequilibrio territorial-anualidade 2020

23.477,54
Valdoviño
 

Protección, conservación e potenciación do medio ambiente e dos seus espazos naturais-anualidade 2020

10.000,00
TOTAL
 

937.777,68

Imaxes relacionadas