Arias informa aos sectores da hostalaría e o comercio de Monforte de Lemos das axudas da Xunta ás que poden acollerse
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia con representantes de distintos sectores económicos de Monforte de Lemos, principalmente da hostalería e o comercio, co obxecto de informar e resolver dúbidas sobre as liñas de axuda ás que pode acollerse para facer fronte ás consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria.
Na xuntanza, na que tamén participou persoal técnico de varios organismos da Administración autonómica, abordáronse as tres liñas de axuda que conforman o Plan de Rescate autonómico, dotado cun total de 84 millóns de euros. As achegas están dirixidas a autónomos, micropemes e sector da hostalería, que poderán solicitar os apoios ata o vindeiro 18 de decembro (no caso da liña de autónomos) e ata o 28 de decembro as microempresas e establecementos hostaleiros afectados polos peches.