Trenor destaca a traxectoria profesional de Tito Concheiro, novo presidente da Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá a Tito Concheiro, elixido recentemente como presidente da Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (AEGA). O delegado da Xunta destacou o intenso traballo que leva a cabo Concheiro como investigador e divulgador da arqueoloxía en Galicia coa posta en marcha de numerosas iniciativas.
Tito Concheiro é licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, dirixindo os proxectos de escavación e conservación no Castro do Achadizo (Boiro), Castros de Punta Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós). Os seus dous principais campos de actuación son a Idade de Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade de Bronce, sobre os que ten publicado artigos.