A Xunta distribuirá un manual de seguridade viaria e boas prácticas entre os centros educativos elaborado por Stop Accidentes

A Coruña, 08 de febreiro de 2021.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá á delegada na Coruña de Stop Accidentes, Jeanne Picard Mahaut. No encontro estivo acompañado polo xefe territorial de Cultura, Educación e Universidade, Indalecio Cabana, e polo xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Antonio Álvarez.

A representante de Stop Accidentes presentou o manual de seguridade viaria e boas prácticas dirixido aos usuarios do transporte escolar, tanto aos alumnos como aos acompañantes e aos pais, incluído dentro do acordo para fomentar a cultura da seguridade viaria nos escolares e nas persoas maiores, que son os usuarios máis vulnerables das estradas.

O manual é unha das actuacións recollida no convenio asinado entre a Consellería e Stop Accidentes, dirixido a fomentar actividades de sensibilización, prevención e outras medidas de formación e información en defensa da seguridade viaria, que a Xunta financia cunha achega global de 95.000 euros, 20.000 só son nesta acción formativa. Trenor agradeceu o traballo e comprometeuse a organizar a distribución e reparto deste material de concienciación entre os centros educativos da provincia.

Imaxes relacionadas