O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Beade
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Beade onde mantivo unha reunión coa seu alcalde, Senén Pousa, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o rexedor trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de mellora da rede de infraestruturas viarias locais.
Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas en materia de promoción do deporte e infraestruturas sanitarias, entre outras.