A Xunta enxalza a figura do coronel Cachamuíña como clave na historia de Vigo e Ourense no 250º aniversario do seu nacemento

Os delegados territoriais de Ourense e Vigo, Gabriel Alén e Marta Fernández-Tapias asistiron hoxe ao acto conmemorativo organizado no concello de Pereiro de Aguiar

Pereiro de Aguiar (Ourense), 23 de marzo de 2021

Os delegados territoriais da Xunta de Galicia en Ourense e Vigo, Gabriel Alén e Marta Fernández-Tapias, asistiron hoxe ao acto celebrado no concello de Pereiro de Aguiar para conmemorar o 250º aniversario do nacemento do coronel Cachamuíña, figura clave na historia de Ourense e Vigo e, por extensión, de Galicia.

Bernardo González del Valle, fillo ilustre de Pereiro de Aguiar, non o menos na cidade que liberou do xugo do exército francés ao fronte do aparato militar da Reconquista de Vigo. Daquela fazaña, na que Cachamuíña logrou quebrar a machetazos a Porta da Gamboa e converter a Vigo na primeira localidade de Europa en expulsar as tropas napoleónicas fai hoxe 212 anos.

Un fito histórico que hoxe recordaban Alén e Fernández-Tapias no acto de homenaxe a este histórico persoeiro que os vigueses conmemoran cada ano como “A Reconquista”, a primeira Festa de Interese Turístico Nacional en lograr esta distinción na cidade de Vigo e a duodécima de Galicia. “Un orgullo para Vigo, para Ourense e para toda Galicia”, coincidiron en sinalar.
 

Imaxes relacionadas