Luis López mantén unha reunión de traballo co presidente da Federación Galega de Caza e os representantes provinciais
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo este mediodía unha reunión de traballo, no edificio administrativo de Campolongo, co presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, e co presidente e o secretario xeral da entidade provincial, Francisco Couselo e Rafael Prol.
Durante o encontro abordáronse as necesidades deste amplo colectivo de deportistas e as perspectivas de cara a vindeira tempada. Así mesmo, o delegado trasladoulles os seus parabéns pola responsabilidade dos cazadores pontevedreses, xa que a provincia foi unha das poucas de toda España que pechou a recente campaña sen un só accidente.