Portos de Galicia e o Concello de Ares estudarán posibilidades de mellora dos servizos portuarios
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, recibiu esta mañá ao alcalde do municipio coruñés de Ares, Julio Iglesias, nunha reunión de traballo solicitada polo Concello que tivo lugar na sede do ente público. Durante o encontro, ambos revisaron as necesidades portuarias da localidade.
En base ás prioridades sinaladas por ambas partes, a presidenta de Portos de Galicia adquiriu o compromiso de que os servizos técnicos do ente público estudarán a viabilidade da proposta de mellora dos servizos portuarios que presente o Concello. En base a esta análise de viabilidade, tanto técnica, como económica, acordaranse as liñas de actuación posibles.