Cada galego debe 2.164 euros menos que a media autonómica
O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento
Ademais, Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial coa media das comunidades
Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento do volume de débeda desde o ano 2008
Con esta evolución, a Comunidade galega está en mellor situación para seguir loitando contra a pandemia e para impulsar a reactivación económica
Galicia pechou o primeiro trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.349 euros fronte aos 6.513 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.164 euros menos que a media autonómica.
Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España mostran tamén que Galicia ampliou ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico. O organismo regulador tamén volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.
En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 20,4% ao peche do primeiro trimestre do ano e subiu medio punto con respecto ao cuarto trimestre de 2020 para facer fronte ás necesidades extraordinarias derivadas da pandemia. Este indicador é 7,3 puntos inferior ao da media de comunidades (27,7%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
Volume de débeda
En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas situouse nos 307.316 millóns de euros, dos cales o 3,8% -11.738 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.
A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.
1ºT 2021 | ||
1 | Canarias | 2.982 |
2 | Andalucía | 4.138 |
3 | Galicia | 4.349 |
4 | Extremadura | 7.799 |
5 | Asturias | 4.833 |
6 | País Vasco | 4.989 |
7 | Madrid | 5.233 |
8 | La Rioja | 5.238 |
9 | Castilla-León | 5.429 |
10 | Navarra | 5.708 |
11 | Cantabria | 5.735 |
MEDIA CC.AA. | 6.513 | |
12 | Aragón | 6.585 |
13 | Murcia | 7.182 |
14 | Baleares | 7.413 |
15 | Castilla-La Mancha | 7.664 |
16 | Valencia | 10.150 |
17 | Cataluña | 10.502 |
RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
1ºT | ||
1 | Canarias | 15,9 |
2 | País Vasco* | 16,4 |
3 | Madrid | 16,5 |
4 | Navarra* | 20,0 |
5 | GALICIA | 20,4 |
6 | La Rioja | 20,9 |
7 | Asturias | 23,1 |
8 | Andalucía | 23,7 |
9 | Castilla-León | 24,3 |
10 | Aragón | 25,8 |
11 | Cantabria | 26,4 |
12 | Extremadura | 27,5 |
TOTAL CCAA | 27,7 | |
13 | Baleares | 29,9 |
14 | Murcia | 37,5 |
15 | Cataluña | 38,0 |
16 | Castilla-La Mancha | 41,0 |
17 | Comunidad Valenciana | 49,4 |