21/12/21 | 20:10 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A enogastronomía centrará o 2º Plan territorial co que Galicia se beneficiará de 31,7M€ de fondos europeos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, participou na primeira xornada informativa para achegar as principais características que deberán incluír os proxectos que se inclúan no Plan Territorial de Enogastronomía, que se desenvolverá entre 2022 e 2025
Este novo Plan Territorial permitirá desenvolver actuacións orientadas á innovación na cociña, a posta en valor dos territorios vitivinícolas ou á mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vencellados á enogastronomía galega