A Xunta avoga por impulsar a dirección pública profesional nas entidades locais galegas

A directora xeral de Administración Local participou nun encontro coa directiva da Asociación de Dirección Pública Profesional (ADPP), que aposta pola excelencia na dirección pública

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou por videoconferencia nun encontro coa directiva da Asociación de Dirección Pública Profesional (ADPP), unha entidade que aposta pola excelencia e pola acreditación das competencias dos seus profesionais.
No encontro telemático que mantivo con Fernando Monar, presidente da asociación, Natalia Prieto analizou as posibles vías de colaboración entre a Xunta e a ADPP co obxecto de contribuír á profesionalización da dirección pública en xeral, pero tamén coa intención de que ditos estándares de excelencia cheguen á Administración Local; particularmente, aos concellos galegos.
O colectivo de directivos públicos profesionais busca adaptar as súas funcións a uns novos tempos derivados dos cambios tecnolóxicos e culturais que sexan acordes coas directrices marcadas no Estatuto Básico do Empregado Público de 2007.
 

Imaxes relacionadas