Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,91 días, 14 días por debaixo da media autonómica

A débeda comercial foi tamén a segunda máis baixa de España
 

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021
Compartir
  • whatsapp

Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,91 días, 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas que foi de 25,30 días. Ademais, tamén se situou 19 días por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de abril no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,24%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 2.856 millóns de euros, dos que 63 millóns –o 2,2%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Hacienda volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Período Medio de Pago – Abril de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia
4,58
 
MEDIA CC.AA.
25,30
Galicia
10,91
Navarra*
25,47
Canarias
14,94
Castilla y León
26,78
Cantabria
17,79
La Rioja
26,80
Andalucía
18,17
Asturias
27,42
País Vasco*
18,24
Aragón
28,83
Extremadura
18,77
Castilla- La Mancha
29,88
Madrid
23,73
Cataluña
35,24
Valencia
23,76
Baleares
35,79