O delegado territorial da Xunta presenta o programa ‘Xadrez: deporte, educación e formación’
2021-09-03
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Setembro/semana-01/030921 Xornadas Xadrez 2.jpg
Ourense, 03 de setembro de 2021
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou esta mañá o programa ‘Xadrez: Deporte, educación e formación’ na compaña do 7 veces campión de España e Gran Mestre, Iván Salgado, e o presidente do Club Xadrez de Ourense, Elías González.
Gabriel Alén significou a Galicia e Ourense como “dous destinos de deporte e de xadrez porque son grandes representantes do xadrez internacional”, e valorou as xornadas nas que haberá “conferencias, exhibicións, vídeos, Master – Class de adestramento de alto nivel... unha ampla programación dedicada a todos os públicos para que maiores e pequenos se sintan atraídos por este gran deporte”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes