A Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela acolle a exposición das 29 obras finalistas na especialidade de fotografía e artes plásticas

María Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021 nas categorías de artes plásticas e fotografía

O segundo premio da categoría de artes plásticas foi para Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike e o terceiro, compartido, para Alejandro Vázquez Tomé, tamén de Vigo, por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu

O segundo premio da categoría de fotografía foi para Adrián Vazquez, de Lugo, por Diversas e para Rocío Campoy Lage, de Vigo, por Berros, e o terceiro, compartido, para Claudia Valentina, da Coruña, por Mares doutros e para Hadrián Márquez por Pare

Cada unha das especialidades conta cun premio para os tres primeiros clasificados de entre 3.000 e 1.000 euros

Este ano Xuventude Crea inclúe 14 categorías distintas nas que participar que van desde artes plásticas, cociña e música, ata novela curta ou deseño de xoias

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada da vicerreitora da USC, Mar Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición das obras finalistas das categorías de artes plásticas e fotografía de Xuventude Crea 2021, que tivo lugar na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. Alí, se deron a coñecer os nomes dos gañadores onde, María Gar, de Pontevedra, coa súa creación titulada Fragmentos de una erosión e Andrés Seara de Ourense por Spectra foron os elixidos no primeiro caso na categoría de fotografía e no segundo de artes plásticas.

Ademais do gañador de artes plásticas, tamén recibiu o galardón, Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike en segundo lugar; e o terceiro posto foi compartido e logrouno Alejandro Vázquez Tomé, de Vigo por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu.

No caso da modalidade de fotografía, tamén recibiu o galardón, Adrián Vazquez Rodríguez, de Lugo, por ‘Diversas’ e para Rocío Campoy Lage, de Vigo, por Berros, e o terceiro para Claudia Valentina Feijoo Díaz, de Sada, por Mares doutros e para Hadrián Márquez por Pare de A Coruña.

Preto de 30 finalistas

A esta fase final chegaron 29 obras finalistas que estarán expostas ata o venres 26 de novembro. Alí, Cristina Pichel puxo en valor que todas as obras son moi diversas entre si, “pero que teñen un común denominador moi claro: todas demostran a gran creatividade e talento dos mozos e mozas galegos, demostran que hai canteira artística en Galicia”. Tamén agradeceu a participación de todos no certame, que ao longo dos seus máis de dez anos ten reunido a máis de 4.000 mozos e mozas de toda Galicia.

Cada un destes premios ten unha gratificación económica: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros.

Catorce categorías e 400 participantes

Esta iniciativa trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra. Nesta edición poderán participar, un ano máis, os mozos e mozas non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2021. Nesta edición participan máis de 400 artistas de toda Galicia.

Son un total de 14 as categorías propostas nesta edición, que abranguen desde a creación de videoxogos e videocreación, xa premiados; ata novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, banda deseñada ata graffiti, deseño de xoias, moda e danza.

Imaxes relacionadas