28/12/21 | 14:26 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta ingresa antes de que remate o ano o complemento extraordinario a preto de 36.000 perceptores das pensións non contributivas
O Goberno galego investiu preto de 7 millóns e medio de euros nesta axuda, que beneficia a un colectivo que o necesita moi especialmente.
Está destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciás e enfermas perceptoras do fondo de asistencia social e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos
Galicia foi das poucas comunidades que mantivo de xeito ininterrompido durante os últimos anos este complemento, que non é obrigatorio