A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe á presentación da novela no auditorio municipal de Rianxo

Política Social participa na presentación da novela curta "Cando sangren os lobos", gañadora do Xuventude Crea 2020
Rianxo (A Coruña), 5 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na presentación da novela curta Cando sangren os lobos, de Adrián Gómez, gañadora do certame Xuventude Crea 2020 na súa categoría. Alí a representante autonómica salientou o inesgotable talento das mozas e mozos galegos, e celebrou que este programa permita dar visibilidade ao seu traballo cara o resto do mundo.

Cristina Pichel animou a toda a mocidade a continuar escribindo e participando nestas iniciativas deseñadas pola Xunta de Galicia, xa que son un gran escaparate para expoñer as súas creacións. Ademais, recoñeceu especialmente o resultado da novela escrita por Adrián Gómez, e da editorial Xerais, encargada de editala, e lembrou que o esforzo levado por este mozo de Rianxo tivo a súa compensación, “unha recompensa que xa se pode atopar nas librerías de Galicia”.

Imaxes relacionadas