Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

A ratio débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase en niveis prepandemia

O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento

Cada galego debe 2.436 euros menos que a media autonómica

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Galicia amplía ata 8,1 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao terceiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.
En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase no 18,5%, en niveis prepandemia. Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, que é 8,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades (26,6%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
Ademais, Galicia tamén pechou o terceiro trimestre sendo a 2ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.174 euros fronte aos 6.610 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.436 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder pasar da reactivación á recuperación.

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

 

 
 
3ºT 2021
1
Canarias
14,2
2
Madrid
15,1
3
País Vasco*
16,3
4
Navarra*
18,3
5
GALICIA
18,5
6
La Rioja
19,8
7
Asturias
22,8
8
Castilla-León
23,3
9
Andalucía
23,3
10
Aragón
25,0
11
Cantabria
25,6
 
TOTAL CCAA
26,6
12
Extremadura
26,7
13
Baleares
29,4
14
Murcia
37,0
15
Cataluña
37,2
16
Castilla-La Mancha
38,7
17
Comunidad Valenciana
47,8

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 
 
3ºT 2021
1
Canarias
2.814
2
Galicia
4.174
3
Andalucía
4.285
4
Extremadura
4.907
5
Asturias
5.040
6
Madrid
5.057
7
La Rioja
5.221
8
País Vasco
5.249
9
Castilla-León
5.488
10
Navarra
5.499
11
Cantabria
5.876
 
MEDIA CC.AA.
6.610
12
Aragón
6.736
13
Murcia
7.458
14

Castilla-La Mancha

7.616
15
Baleares
7.693
16
Valencia
10.366
17
Cataluña
10.813


 

Imaxes relacionadas