A Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos colaborarán para investigar unha suposta plataforma de médicos negacionistas

A tal efecto, o secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Sergas, José Flores, reuníronse hoxe co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, Isidro Lago

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, reuníronse hoxe pola mañá, de xeito telemático, con Isidro Lago, presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, para abordar xuntos a situación das informacións xurdidas sobre unha suposta plataforma de médicos negacionistas.
Ao respecto, a Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos, acordaron traballar xuntos na mesma dirección á hora de investigar estas actuacións, para esclarecer se médicos da sanidade pública colaboran con esta plataforma. Ademais, o departamento sanitario galego está a traballar para recabar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma. De feito, desde a Consellería de Sanidade xa se están a facer indagacións sobre a procedencia de diferentes cartas enviadas a médicos galegos.
Remarcar, así mesmo, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou, no día de onte, un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade, no que manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista.

Sanidade
Departamento: C. de Sanidade