03/12/22 | 15:00 | C. de Infraestruturas e Mobilidade; C. de Sanidade A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo co obxectivo de que estean rematadas este ano
Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro
Para extremar a seguridade do persoal médico e dos pacientes emprégase formigón mesturado con barita, que ten unhas propiedades únicas que incrementan a densidade nun 30% con respecto ao formigón armado que se usa habitualmente na construción
O espazo interior do búnker distribúese en forma de labirinto, para illar en todo momento a área de tratamentos radiolóxicos da zona de control médico, con muros de separación que chegan ata os 160 centímetros de grosor
Este espazo estará dotado con dous equipos de radioterapia externa de grandes dimensións e de última xeración
O Goberno galego continúa avanzando na execución do Hospital Público de Montecelo que nesta 1ª fase supón un investimento de máis de 130 M€, reservando nas contas de 2023 unha partida de 64 M€