Trenor reuniuse con representantes da Liga Reumatolóxica Galega

Trenor destacou que a atención integral deste tipo de enfermidades representa un dos principais retos e prioridades para o Servizo Galego de Saúde

A Coruña, 29  de decembro de 2022.-

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión con representantes da Liga Reumatolóxica Galega co obxectivo de analizar a atención en Galicia aos pacientes con enfermidades reumatolóxicas, en especial aqueles en idade pediátrica. A presidenta da Liga, Ana Isabel Vázquez Lojo, trasladou ao delegado a súa satisfacción pola recente cesión dun espazo a esta entidade no Espazo Amizar porque lles está permitindo ofrecer un mellor servizo aos pacentes e familiares que sufren esta dolencia.

Trenor destacou que a abordaxe das patoloxías reumáticas debe facerse dende unha perspectiva multidisciplinar, comezando polos pacientes en idade pediátrica. O representante da Xunta remarcou o papel fundamental que xoga a prevención e a detección precoz deste tipo de enfermidades. Así, destacou que a aparición de tratamentos biolóxicos, no ano 2000, contribuíu en gran medida á remisión da enfermidade.

Nesta liña, destacou que, como criterio xeral, para evitar a aparición dun cadro infeccioso, é recomendable a administración vacinas inactivadas, en canto se obtén unha diagnose da enfermidade e, sempre que sexa posible, antes do inicio da terapia biolóxica.

Neste senso, enumerou algunhas das medidas implementadas para mellorar a atención deste tipo enfermidades, cuxa prevalencia é moi elevada, e que poden chegar a ser moi incapacitantes para a persoa que as sofren, en especial se se cronifican.

O sistema sanitario público galego ten regulado a súa abordaxe integral grazas á coordinación dos servizos de atención primaria e hospitalaria, a existencia de vías rápidas no Sergas para a detección precoz da artrite, ou ao seguimento asistencial a través da plataforma Telea.

Na mesma liña, salientou que, o pasado mes de xullo, a Comisión Autonómica Central de Farmacia e Terapéutica actualizou o “Protocolo de tratamento con fármacos antirreumáticos modificadores da enfermidade na artrite psoriásica”, incorporando novos fármacos, coa finalidade mellorar o control dos signos e síntomas e preservar a capacidade funcional dos pacientes.

Imaxes relacionadas