Román Rodríguez participa na ofrenda floral a Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento
2022-01-05
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xaneiro/semana-02/220105_ofrenda_01x.jpg
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe en Santiago de Compostela na tradicional ofrenda floral en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento.
Xunto a representantes institucionais, da cultura e familiares do autor, Román Rodríguez salientou a figura deste galego ilustre que conseguiu “levar o nome de Galicia polo mundo enteiro” e cuxa obra e legado continúa “plenamente vixente”. Durante o acto no cemiterio de Boisaca tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado un 5 de xaneiro.