Política Social participa nas xornadas de lecer formativo da asociación cultural e xuvenil Ateibo
Lugo, 29 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a Asociación Cultural e Xuvenil Ateibo para participar nas actividades de ocio e lecer educativo desenvoltas pola entidade, que están enmarcadas no Espazo de Encontro da Mocidade e de Crecemento no Tempo de Lecer. A Consellería de Política Social achegou 5.000 euros a esta asociación para elaborar proxectos que, como este, se enmarcan no programa Iniciativa Xove.

Cristina Pichel, quen acompañou os participantes nalgunhas das actividades que están a realizar dentro desta proposta, como karaoke, xogos de mesa ou xogos deportivos, puxo en valor a realización de este tipo de iniciativas para que as mozas e mozos galegos poidan desfrutar no seu tempo libre de actividades formativas e ao mesmo tempo festivas.

Imaxes relacionadas