Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Rubiás dos Mixtos, que afectou en parte o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 1 hectárea de monte raso

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Rubiás dos Mixtos, parte do cal afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume, que se iniciara ás 20,30 h. da pasada tarde, quedou extinguido ás 22,02 h. da noite de onte. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 1 hectárea de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 1 brigada e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural