A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade supervisa o funcionamento en probas do primeiro autobús de hidróxeno renovable na liña entre Alvedro e A Coruña

A Coruña, 23 de marzo de 2022

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou esta mañá o funcionamento en probas do primeiro autobús de hidróxeno renovable na liña de transporte metropolitano que une o aeroporto de Alvedro e o centro da Coruña.

Ethel Vázquez coñeceu esta iniciativa, realizada en coordinación coa concesionaria do servizo, coa que se poderá comprobar o comportamento e a eficiencia que supón empregar hidróxeno verde no transporte público. Nesta fase de probas, o vehículo percorreu uns 200 quilómetros ao día, o que servirá para avaliar o seu rendemento e avanzar cara a extensión desta nova tecnoloxía, chamada a xogar un papel clave na mobilidade do futuro.

No acto, xunto coa conselleira, participaron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, ademais do director da zona Noroccidental de Alsa, Miguel Ángel Marqués, e representantes da empresa concesionaria.

Imaxes relacionadas