06/02/22 | 12:00 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense
Intervirase na estrada LU-111, no municipio lucense de Rábade, e na OU-301, ao seu paso polos concellos ourensáns de Xinzo de Limia, Porqueira e Bande
Continuarase cos labores na estrada LU-541, nos municipios lucenses de Vilaba e Rábade; na LU-540, ao seu paso por Viveiro; e na vía de altas prestacións CG-2.1, en Monforte e en Chantada
Proseguirán as tarefas en execución na provincia de Ourense na OU-531, no seu percorrido polos municipios Vilar de Santos e Xinzo de Limia; na OU-540, na cidade de Ourense; e na OU-636, na Pobra de Trives, Quiroga, Larouco e Petín
Continuarase con novos traballos nas vías autonómicas da provincia da Coruña AC-234 e AC-840, nos municipios de Arzúa e Melide, respectivamente
Tamén proseguirán os traballos na PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra