A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou o proxecto de mellora coincidindo co inicio da información pública, que hoxe se recolle no DOG

A Xunta de Galicia investirá 2,3 M€ en mellorar a accesibilidade de 69 paradas de autobús en estradas autonómicas da zona sur de Ferrol

Aneiros explica que o plan permitirá actuar nas paradas de oito estradas autonómicas dos municipios de Ares, Fene, Mugardos e Neda

Sinala que as actuacións garantirán a conectividade a través da execución de sendas e beirarrúas, e a accesibilidade das persoas con dificultades de mobilidade, coa construción de ramplas de acceso e dotando a contorna de pavimento podotáctil

A iniciativa enmárcase no Plan de Infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente

A previsión é actuar en máis de 1.100 paradas nas estradas autonómicas co fin de mellorar a seguridade e a accesibilidade cun investimento de arredor de 35M€
 

Neda (A Coruña), 30 de decembro de 2022.-

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada dos alcaldes de Neda, Ángel Alvariño; Mugardos, Juan Domingo de Deus; Fene, Juventino Trigo, e Ares, Julio Iglesias, presentou esta mañá o Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas da zona sur de Ferrol, que suporá un investimento autonómico de 2,3 M€.

 

Aneiros achegouse, xunto ao xefe territorial de Infraestruturas, José Antonio Álvarez, á Avenida Algeciras, á altura do número 63, unha vía na que se levarán a cabo 12 actuacións, segundo recolle o proxecto da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 

Informou de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública este proxecto a efectos expropiatorios e para que os interesados poidan facer as súas achegas. O proxecto prevé actuacións nun total de 69 paradas de autobús. A súa maioría, un total de 32, detallou Martina Aneiros, sitúanse no concello de Neda, mentres que 17 corresponden ao municipio de Mugardos, 16 ao de Fene e as catro restantes ao de Ares.

 

A delegada territorial apuntou que o obxectivo das intervencións que se van a levar a cabo é reforzar a seguridade, mellorar o equipamento das paradas de autobús e favorecer a mobilidade e a accesibilidade na súa contorna. “Somos conscientes de que as paradas son o primeiro elemento de contacto entre o usuario e o transporte público”, remarcou Aneiros.

 

A representante da Xunta avanzou que as intervencións previstas garantirán a accesibilidade, pensando especialmente nas persoas con dificultades de mobilidade, para o que se executarán ramplas de acceso e se dotará á contorna das paradas de pavimento pododáctil. Ademais o programa pretende favorecer a conectividade das paradas, a través da construción de beirarrúas e sendas peonís.

 

Tamén se mellorará o equipamento das paradas, coa dotación de novos refuxios que protexan os usuarios fronte ás inclemencias do tempo, bancos e apoio isquiático que ofrezan comodidade aos viaxeiros durante a espera.

 

Martina Aneiros tamén se referiu ao esforzo da seguridade das paradas, ampliando o espazo, mellorando a sinalización e incidindo na velocidade. Ademais eliminarase a vexetación da contorna e mellorarase a visibilidade e a iluminación, para facelas máis seguras.

 

O Goberno galego está a facer unha aposta sen precedentes nos últimos anos polo fomento do transporte público e que vén reflexada na renovación e modernización de todo o mapa de transporte interurbano da comunidade”, lembrou. “Unha aposta que tamén se demostra nos máis de 90M€ que a Xunta destinará no vindeiro ano ao transporte interurbano, financiando o 76% do custo da prestación deste servizo público e o 100% nos caso dos arredor de 135.000 menores de 21 anos que empregan a tarxeta Xente Nova, coa que viaxan de balde no autobús da Xunta”, dixo.

 
Investimento na Comunidade autónoma

No cómputo da Comunidade autónoma, a Xunta investirá arredor de 35 M€ en reformar máis de 1.100 paradas de autobús en estradas autonómicas a través de distintos proxectos como o presentado hoxe para a zona sur de Ferrol.

 

Estas actuacións serán financiadas ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente.

 
 
 
 
 
 
 

NÚMERO DE PARADAS POR CONCELLO E ESTRADA

 
Concello
 
Estrada
Ares
Fene
Mugardos
Neda
total
AC-115
 
2
 
17
19
AC-121
 
 
 
2
2
AC-122
 
1
2
 
3
AC-123
1
 
1
 
2
AC-125
 
 
 
1
1
AC-130
1
 
2
 
3
AC-133
2
13
12
 
27
AC-862
 
 
 
12
12
total
4
16
17
32
69
 
 
 

Infografía do resultado das actuacións de mellora que se van acometer nas paradas

 

Imaxes relacionadas