22/09/22 | 15:28 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta avanza nos traballos previos da mellora do sistema de saneamento dos concellos de Cee e de Corcubión, que suporá un investimento de máis de 8 M€
Técnicos de Augas de Galicia e da empresa adxudicataria mantiveron hoxe unha reunión co Concello de Cee para abordar a organización das obras, que comezarán nas primeiras semanas do outono
Con esta actuación, a Xunta procurará solucionar as deficiencias da rede de saneamento municipal de Cee, redundando na mellora da calidade das augas da ría
Renovarase o colector das Laxes e construiranse un tanque de tormentas, un novo colector nas Monxas e un novo bombeo ata a depuradora
O obxectivo é poñerlle fin aos problemas de infiltracións de auga de mar e de chuvia nas redes de saneamento, que provocan vertidos aos ríos e a prohibición de baño na praia de Cee, prexudicando tamén a actividade dos profesionais do mar
A actuación achegará valor engadido ao municipio coa integración paisaxística do tanque de tormentas, un merendeiro, un paseo, un parque infantil e un rocódromo