A Xunta investirá preto de 5 M€ na contrución de 36 vivendas de promoción pública no barrio de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela

Adxudicou a redacción do proxecto e dirección de obra dun grupo de 12 vivendas e licitou o mesmo contrato para outras 24

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

A Xunta de Galicia investirá preto de 5 millóns de euros na construción de 36 vivendas de promoción pública en dúas parcelas, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) que se sitúan no barrio de Lamas de Abade.

 

O IGVS acaba de adxudicar a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 12 vivendas por un importe de 77.598,69 euros. O prazo para a presentación dos proxectos básicos e de execución será de cinco meses, aínda que o contrato se prolongará durante o prazo de construción das vivendas. O investimento previsto para construír estas vivendas é de máis de 1,64 millóns de euros.

 

A maiores, o IGVS tamén construirá en Lamas de Abade outras 24 vivendas de promoción pública, para o que xa licitou o contrato de redacción do proxecto e dirección de obra. Neste caso, o investimento previsto para a construción destas 24 vivendas é de preto de 3,3 millóns de euros.