Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

30/12/22 | 13:06

A Xunta investirá preto de 5 M€ na contrución de 36 vivendas de promoción pública no barrio de Lamas de Abade, en Santiago de Compostela

Adxudicou a redacción do proxecto e dirección de obra dun grupo de 12 vivendas e licitou o mesmo contrato para outras 24

29/12/22 | 13:34

A Xunta avanza na construción de 79 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia ao adxudicar os primeiros contratos para redactar os proxectos

O Goberno galego investirá máis de 28 millóns de euros na construción de 207 vivendas de promoción pública no primeiro polígono da ampliación

28/12/22 | 15:55

A Xunta adquire 3 parcelas en Ourense para construír preto de 70 vivendas de promoción pública

Ángeles Vázquez explica que este proxecto será realidade grazas a un investimento de case 12 M€, dos que algo máis de 1 M€ se destina á compra das parcelas, propiedade da Sareb, e preto de 11 M€ á construción de 3 inmobles

27/12/22 | 19:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda recalca que oito de cada dez propietarios de vivendas afectadas polos incendios de xullo xa recibiron as axudas para a reconstrución

Das 90 solicitudes recibidas polo Goberno galego, 70 quedarán abonadas esta semana por un valor conxunto de 4,5 M€

26/12/22 | 13:39

A Xunta adxudica por case 290.000 € a redacción do proxecto para construír 40 vivendas de promoción pública no parque Ofimático da Coruña

Actualmente ultímase a construción doutras 40 VPP neste mesmo ámbito e está licitada a elaboración do proxecto construtivo dun bloque integrado por 58 vivendas máis

21/12/22 | 16:47

A Xunta concede 33 M€ a concellos galegos para promover actuacións de rehabilitación das que poderán beneficiarse preto de 5.800 vivendas

Ángeles Vázquez anuncia que o Consello autorizará mañá a sinatura dos convenios necesarios para transferir a cada entidade local os fondos que lle corresponden

14/12/22 | 20:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que os orzamentos da Xunta para 2023 reservan case 177 M€ para políticas de vivenda e solo empresarial, un 10,5% máis que este ano

Subliña que o obxectivo estratéxico do Goberno galego pasa por poñer á disposición da cidadanía 1.200 vivendas públicas máis

14/12/22 | 12:11

A Xunta abrirá o 2 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas para o alugueiro de vivenda

A convocatoria, dotada cun orzamento global de 13,75 M€, prevé axudas que poderán acadar os 300 € ao mes e se concederán por 1 ano, prorrogables ata un máximo de 5

13/12/22 | 15:36

A Xunta lanza unha nova ferramenta para calcular as axudas máis axeitadas para un maior aforro e unha mellor eficiencia enerxética nas vivendas galegas

Permitirá realizar unha simulación sobre un inmoble concreto xerando propostas de actuación para a mellora enerxética das vivendas, unha estimación de custos desas propostas e as axudas ás que se pode optar para executalas

09/12/22 | 14:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ao que destinará o vindeiro ano o investimento récord de 112 millóns de euros

Este esforzo orzamentario permitirá incrementar o número de horas á disposición dos Concellos e aumentar a achega autonómica ata chegar aos 12€/hora