Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

09/01/20 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cores Tourís comproba a adecuación do entorno do conxunto de hórreos do núcleo de Parada en Campo Lameiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 14.000 euros destinados dende a Consellería de Cultura para este fin a través dunha subvención para mellora de infraestruturas turísticas

08/01/20 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O proxecto da estación de autobuses intermodal de Ourense foi aprobado pola Comisión superior de urbanismo de Galicia, da que forma parte o Colexio de Arquitectos

Sinalar que está acordado co Ministerio de Fomento e o Concello e incorpora os cambios solicitados pola entidade colexial

08/01/20 | 14:09 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará o control da calidade das masas de auga en Galicia coa utilización de vehículos non tripulados que permitirán mellorar a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros

Ethel Vázquez explica que o sistema se enmarca no proxecto MAR-2, cun investimento autonómico de 2,5 M€ na compra pública innovadora dun servizo de automatización de mostraxes de auga con drons

08/01/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 16 empresas presentan as súas ofertas para a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada Viveiro- Cabreiros

A actuación incluirá o redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado ou a ordenación de xiros á esquerda

07/01/20 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala dúas marquesiñas na estrada LU-612 en Guntín e unha en Portomarín para mellorar o servizo aos usuarios do transporte público

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou as novas instalacións de Guntín acompañado da alcaldesa, María José Gómez Rodríguez

07/01/20 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que case 1.000 mozos de 19 e 20 anos xa se fixeron beneficiarios nesta primeira semana do ano da tarxeta Xente Nova, que permite realizar viaxes gratuítas no autobús interurbano

Vázquez Mourelle salienta que o Plan de transporte público de Galicia, que estará culminado este ano, estenderá o uso deste dispositivo aos menores de 21 anos de toda a comunidade ata cubrir o 100% das liñas de autobús da Xunta

06/01/20 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/01/20 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 3,1 millóns de euros no seguimento e control da calidade as augas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa a través do Laboratorio de Medio Ambiente

As Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Infraestruturas e Mobilidade asinaron un convenio para blindar os protocolos de control

03/01/20 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do Concello de Ribadumia dun treito da estrada provincial que atravesa o núcleo de Barrantes e coincide coa rúa Condesa

Trátase dun treito urbano de 112 metros, con presenza de edificacións, zonas de aparcamento e numerosos comercios a ambas marxes

02/01/20 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta contrata a actualización dos mapas de perigosidade e risco de inundación en Galicia-Costa para o ciclo 2021-2027, cun investimento de máis de 200.000 euros

Este actuación forma parte do traballo de prevención e preparación ante os desafíos derivados do cambio climático e ten un prazo de execución de 12 meses