Galicia rexistra un total de 12.636 casos activos por coronavirus
Un total de 537.894 pacientes xa están curados
A día de hoxe hai 12.131 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.636 deles 2.623 son da área da Coruña, 1.668 da de Lugo, 1.511 da de Ourense, 1.406 da de Pontevedra, 2.320 da área de Vigo, 1.832 da de Santiago e 1.248 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 489 en unidades de hospitalización e 12.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 537.894 persoas curadas, rexistrándose 3.228 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 31 de marzo:
Muller de 88 anos, na área sanitaria de Vigo.
Día 1 de abril:
Home de 89 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Muller de 93 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 96 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 87 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 79 anos, na área sanitaria de Vigo.
Día 2 de abril:
Home de 85 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Home de 84 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Muller de 87 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 88 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Día 3 de abril:
Muller de 95 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 84 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.794.913.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.621.679.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para covid-19
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para toda a información relativa ao coronavirus. Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Rexistro de viaxeiros
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.