Galicia rexistra un total de 11.626 casos activos por coronavirus

Un total de 542.258 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 11.138 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.626 deles 2.315 son da área da Coruña, 1.619 da de Lugo, 1.504 da de Ourense, 1.257 da de Pontevedra, 2.130 da área de Vigo, 1.696 da de Santiago e 1.092 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 468 en unidades de hospitalización e 11.138 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 542.258 persoas curadas, rexistrándose 3.240 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 6 de abril:
Home de 84 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 81 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Home de 95 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Muller de 94 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.803.142.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.625.602.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para covid-19

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para toda a información relativa ao coronavirus. Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Imaxes relacionadas
Sanidade
Departamento: C. de Sanidade