O stand no que a Xunta promove a economía social en Salimat ofrece degustacións de produtos autóctonos

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2022

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitou hoxe a instalación coa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a promover o cooperativismo no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat, que se celebra en Silleda (Pontevedra) ata o próximo 5 de xuño.

Toca percorreu o stand institucional no que oito empresas de economía social, de sectores de produtos lácteos e derivados, hortofrutícola e vitivinícola e outras bebidas están a expor os seus produtos e ofrecer degustacións ás persoas visitantes dos seus produtos autóctonos como queixos, allos e cebolas, fabas, carnes, viños ou xeados.

Coa súa presenza, a secretaria xeral quere referendar o seu compromiso coa economía social, un modelo relevante para o fomento do consumo de proximidade e de diversificación económica e de fomento do benestar. En 2022 a Xunta de Galicia está a apoiar esta fórmula de emprendemento con máis de 35 millóns de euros.

Imaxes relacionadas