O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas

A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas

Cabe destacar que os datos da poboación máis nova son tamén positivas, acadándose un saldo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron
 

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2021

A Estatística de Variacións Residenciais (EVR), publicadas hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), confirman a tendencia do saldo migratorio de Galicia, que presenta en 2021 un signo positivo de 14.448 persoas.

 

Os datos do ano pasado, demostran que, durante o segundo ano da Covid-19, no que se mantiveron certas restricións de mobilidade, recuperouse o retorno, pasando de 3.842 en 2020 a 5.381 persoas de nacionalidade española que entraron na comunidade autónoma, sen contar aos seus familiares sen dita nacionalidade, que forman parte dos 14.338 estranxeiros que chegaron a nosa comunidade autónoma.

 

Segundo a estatística realizada polo INE e recollida polo Instituto Galego de Estatística, os datos de 2021 para Galicia mostran que aumentaron as saídas cara a outras comunidades autónomas, pero aumentando tamén as entradas, co que o saldo migratorio con respecto ao resto de España foi positivo en 3.251 persoas.

 

Segundo a nacionalidade dos individuos, nos movementos co resto de España aumentan as entradas en Galicia de españois nun 5,2% mentres diminúen nun 10,1% a de estranxeiros.

 

En relación aos movementos co estranxeiro, no 2021 aumentaron en relación ao ano anterior ao permitirse máis a mobilidade, pero o saldo seguiu, pese a todo, a ser positivo, chegando a superar ás 11.000 persoas.

 

En canto a poboación máis nova, cabe destacar que as variacións residenciais dos que teñen entre 16 e 34 anos en 2012 deuse un saldo positivo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron.

 

Deste xeito, segundo estes datos, o retorno sigue a avanzar en cifras prepandémicas, preto das que se recolleron en anos anteriores ao Covid.

Imaxes relacionadas