29/07/22 | 16:12 | Secretaría Xeral de Emigración A Xunta destaca que os últimos datos do IGE manteñen o valor positivo do saldo migratorio en Galicia
O Instituto Galego de Estatística fixo público nas últimas horas o seu balance de Indicadores Migratorios onde se destaca, entre outros datos, que en 2021 a diferencia entre as entradas e saídas de persoas en Galicia presentou un valor positivo de 14.448 cidadáns
Tamén destaca que dende 2016, a taxa de entrada de cidadáns supera á taxa de emigración en Galicia
Os datos da idade media dos que entran e saen de Galicia reflicten que, dende o ano 2017, o proceso migratorio está a favorecer o rexuvenecemento da poboación galega, cunha idade media dos que fixan a súa residencia na nosa comunidade autónoma de 37,8 anos