Miranda acompaña á comunidade galega na celebración “Galicia en Madrid” organizada por FAGAMA

Madrid, 18 de decembro de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á celebración “Galicia en Madrid” no teatro Lara, organizado pola Federación de Asociacións Galegas nesta comunidadr (FAGAMA) e que contou coa actuación central do grupo Ramalleira, liderado polo recoñecido gaiteiro Miguel Ramalleira. Na gala tamén actuaron un grupo de cantareiras xunto á Agrupación Artística Gallega Rosalía de Castro e varios artistas afincados en Madrid como Arcadio Falcón. Contou coa participación do humorista galego Sergio Pazos e o director Rubén Riós. O obxectivo deste evento, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, é continuar a promocionar a cultura galega na capital de España.

 

No acto, o secretario xeral da Emigración estivo acompañado do presidente de Fagama, Horacio Rico. Tamén asistiron o presidente de AEGAMA, Julio Lage, a presidenta do Club de periodistas gallegos de Madrid, Pilar Falcón, Carlos de Blas da Orden da Vieira e o presidente do Centro Gallego de Madrid. Miranda dirixiuse aos asistentes felicitando as festas navideñas e agradecendo a Fagama a labor que desenvolve en Madrid en prol da cultura e a lingua galega, destacando os eventos e actividades que xa se están a preparar de cara ao próximo ano, continuando así con un labor esencial “para que Galicia continúe tendo presenza na capital do Estado e os madrigalegos sigan a sentir a cercanía dunha terra que segue a contar con eles”.

Imaxes relacionadas